O poulpo do Carballiño deu orixe á celebración dunha das festas gastronómicas máis multitudinarias e características de Galicia: a Festa do Pulpo do Carballiño.

UNHA FESTA ENTRE AMIGOS:

Dunha reunión ocasional entre un grupo de amigos hai 51 anos xurdiu o que é hoxe en día unha das maiores concentracións gastronómicas de Galicia.
Idea iniciada por tres dos comensais”, Ramón Valeiras ou labrador, secundada por Felipe Luís López deseñador local, artífice de numerosos carteis anunciadores da festa e o que naquel entón era o alcalde Héctor González Godás. Con boa mesa e mellor compañía deciden levala a cabo o domingo 20 de setembro de 1964 a beiras do río Arenteiro no Parque Municipal do Carballiño.
Apenas unha ducia de amigos e co pulpo como protagonista principal do menú, contaron cunha soa pulpeira tradicional de Arcos, pasando na actualidade a máis de 40 caldeiras cunha afluencia de 90.000 persoas nas últimas edicións.


ORIXE, ANTIGÜIDADE E RAIGAME TRADICIONAL

O segundo domingo do mes de agosto do ano 2012, A Festa do Pulpo do Carballiño celebrou o seu 50 Aniversario. Cincuenta anos ininterrompidos de historia que poden parecer insignificantes se se lles compara cos máis de tres séculos dende a introdución deste produto mariño nas terras do interior de Galicia, pero que resultaron ser máis que suficientes para alcanzar a cualificación da maior manifestación gastronómica de Galicia. Cualificación que avalaremos con copia de numerosos artigos xornalísticos dos últimos anos, que así a definen. Mesmo se nos atemos ao número de visitantes que acoden cada ano a esta celebración, non sería esaxerado situala entre as primeiras de España.
É pois unha romaxe contemporánea, que conserva, non obstante, todos os ingredientes das antigas romaxes galegas, como se recolle nalgunhas opinións de expertos publicadas, tanto pola prensa galega coma pola prensa nacional e internacional. O seu éxito parte, sen dúbida, do seu entroncamento cunha das manifestacións gastronómicas máis exclusivas e antigas de Galicia, a degustación do “Pulpo á Feira”, sendo a localidade de Santa María de Arcos, lindante co Carballiño e a cuxo concello pertence, o seu berce, ou máis ben, a das “pulpeiras” e “pulpeiros”, auténticos artesáns da súa preparación e garantes por tradición familiar e secular de todos os seus segredos de elaboración.

“A festa celébrase o segundo domingo de agosto no Parque Municipal da vila e goza do privilexio de ser considerada dende 1969 Festa de Interese Turístico.”
Octavio, Festa do Pulpo
“Goza do privilexio de ser considerada dende 2012 ” Festa de Interese Turístico Nacional”"
Octavio, Festa do Pulpo

sello_turistica

A orixe da festa ten moito que ver con esta rica e antiquísima tradición “pulpeira” da bisbarra carballinesa, chamada antano, “Orcellón”, e coa iniciativa dun grupo de veciños que deciden renderlle unha homenaxe a este exquisito manxar creando e institucionalizando unha romaxe na que o verdadeiro protagonista fose o pulpo. Para iso contaban co atractivo deste prato gastronómico, con todas as “pulpeiras” de Arcos e o que non é menos importante, co marco natural axeitado, o Parque Municipal do Carballiño, creado no 1927 e que, cunha extensión de trinta e dúas hectáreas de arboredo das máis diversas especies – carballos, camelios, tileiros, bidueiros, cedros, eucaliptos, piñeiros, etc…, con catro fontes naturais, unha área etnográfica que ofrece nun conxunto, unha Escola de Pesca, un Muíño que é museo etnográfico, un cámping, e o paso do río máis importante da bisbarra, o Arenteiro, o cal ofrece unhas posibilidades ilimitadas para o desenvolvemento da festa.
De como este produto das rías galegas chegou a converterse no prato máis popular e característico desta localidade e bisbarras interiores, e mesmo de Galicia, merece unha breve referencia histórica, aínda que antes é preciso retomar o fío da orixe da festa e destacar que a primeira edición da “Festa do Pulpo” tivo lugar no mes de setembro coincidindo coa celebración das festas patronais da vila carballinesa. As sucesivas, ata hoxe, celebráronse en pleno verán, cada segundo domingo de agosto, co obxecto de garantir a mellor climatoloxía e a maior asistencia de visitantes.

festa02

Nas súas primeiras edicións nos anos sesenta, foron moitos os carballineses que se achegaron ao parque municipal para asistir á romaxe, pero aínda non se percibía o auxe que alcanzaría a festa uns anos máis tarde, na década dos setenta, coa afluencia masiva de persoas procedentes de toda Galicia, doutros lugares de España e mesmo do estranxeiro, ao cal contribuíu de sobremaneira a presenza de galegos por todo o mundo, a promoción institucional da festa e sobre todo a declaración da “Festa do Pulpo” como festa de “Interese Turístico”, o que se produciu no ano 1972. – (BOE Nº65 do 16 de marzo de 1972). Resolución da Dirección Xeral de Promoción do Turismo pola cal se concede a denominación de “Festa de Interese Turístico”. Madrid 4 de febreiro de 1972.
A raizame tradicional da “Festa do Pulpo”, parte dun pasado histórico descrito noutro apartado, que relaciona as pulperas coas feiras de toda Galicia e coa propia tradición romera dos galegos.
Neste sentido, a “Festa do Pulpo” do Carballiño conseguiu combinar perfectamente a tradición máis xenuína coas esixencias de cada época; por iso, en tan só cincuenta anos de historia, esta romaxe se fixo tan imprescindible como calquera outra tradición deste ámbito.

A raigame tradicional da “Festa do Pulpo”, parte dun pasado histórico descrito noutro apartado, que relaciona as pulpeiras coas feiras de toda Galicia e coa propia tradición romera dos galegos. Neste sentido, a “Festa do Pulpo” do Carballiño conseguiu combinar perfectamente a tradición máis xenuína coas esixencias de cada época; por iso, en tan só cincuenta anos de historia, esta romaxe se fixo tan imprescindible como calquera outra tradición deste ámbito.

VALOR CULTURAL, SIGNIFICACIÓN E ALCANCE COMO ATRACTIVO TURÍSTICO.

Parte do valor cultural que leva consigo a “Festa do Pulpo” quedou recollido no capítulo anterior, cando se resaltou a importancia antropolóxica desta romaxe. Esta entronca directamente coas tradicións emanadas do oficio artesán dos pulpeiros e doutros oficios que, como carpinteiros, latoeiros, fundidores de ferro e cobre ou afiadores, estiveron directamente ligados ao discorrer histórico dos pulpeiros. Ademais, o pulpo como produto gastronómico relaciónase con outros produtos que lle acompañan e entre os que debemos citar o pan artesanal, especificamente de Cea, de elaboración tradicional, con trigo do país e forno de leña, e o viño do Ribeiro, da bisbarra do mesmo nome, en cuxa parte máis alta, na montaña, se sitúa O Carballiño.
Na “Festa do Pulpo” poden observarse algunhas destas connotacións culturais de que falamos relacionadas coa gastronomía popular. Así, no caso das pulpeiras, pódese observar o proceso completo de elaboración, cocción e preparación do pulpo a cocer en caldeiras de cobre, déixase repousar e ata que se corta en pequenas talladas e se condimenta con sal groso, aceite de oliva e pementa, servido nun prato de madeira. Este ritual, cuxo máximo segredo reside na cocción, é seguido por todas as pulpeiras. Evidentemente, no caso doutros oficios artesanais, como os xa citados, non se pode observar o proceso de elaboración dos produtos, pero si a súa comercialización, situándose panadeiras, rosquilleras, froiteiros, etc…, por grupos, representando gremios de gran tradición en Galicia, propios de feiras e romería dende a Idade Media.
Nos últimos anos, ao recinto desta romería acoden gran cantidade de artesáns: oleiros, cesteiros, cordeiros, etc…, para vender os seus produtos, o que lle engade á festa un novo aliciente cultural.

festa01

Pero se habemos de destacar o valor cultural da “Festa do Pulpo”, temos que referirnos especialmente ás vertentes musical e folclórica. A esta romaxe acoden en cada edición diversos grupos de gaitas que, procedentes de toda Galicia, animan a romaxe interpretando os seus repertorios de temas populares galegos. Estes grupos de gaitas, formadas polo menos por catro membros: dous tamborileiros e dous gaiteiros percorren dende primeiras horas da mañá o recinto do parque municipal amenizando en cada canto a festa. A eles súmanse grupos que bailan “muñeiras”, iotas galegos ou polcas tradicionais. Neste sentido, a participación dos numerosos visitantes da “Festa do Pulpo” é elevada. Mesmo se forman grupos que entoan, tamén espontaneamente, cancións populares galegas. Isto prodúcese entre amigos ou familias que se reúnen para comer e vivir a romaxe.
Ademais dos grupos de gaitas, asisten grupos folclóricos de danza, que ofrecen bailes tradicionais galegos nun auditorio no mesmo recinto do parque municipal. Este é, quizais, un dos elementos culturais máis destacados da romaxe, xa que se celebra un festival de danzas tradicionais galegas, ben por parellas, ben por grupos, que ten lugar pola mañá e a media tarde. Durante o festival, os visitantes poden observar tanto a evolución dos traxes típicos galegos, que visten os grupos folclóricos, como os distintos tipos de danzas populares do repertorio folclórico folclóricos de Galicia.
Destes valores culturais que se deducen da “Festa do Pulpo”, derívase un complexo significado que resume a historia antiquísima dos costumes galegos, sexan gastronómicas ou doutro tipo, e que realzan o sentido da colectividade propio das culturas ancestrais, participando e compartindo todos os comerciais, ao darse cita un número tan elevado de postos de venda de produtos.
O significado de todo o conxunto podería resumirse, pois, como unha experiencia actual das feiras e romaxes tradicionais de Galicia, na que prevalece a vertente máis lúdica: gastronomía, cantos, bailes; coa máis comercial: venda de produtos da rica artesanía galega.

festa01

De ambas as dúas connotacións, valores culturais e significado pode desprenderse o alcance da “Festa do Pulpo” como atractivo turístico. Destacaremos, en primeiro lugar, a posibilidade de degustar todos os produtos típicos da gastronomía popular galega (“pulpo á feira”, pan de Cea, empanadas das máis diversas especies: carne, de “xoubas”, ou bocartes, de anguías, de bonito, de polo, etc…, sardiñas asadas, carne cocido ou carne ou caldeiro, rosquillas e melindres, froitas da época do país galego, viños do Ribeiro brancos e tintos, augardentes branca e de fervas, licores) e un longo etcétera de produtos que compoñen a gastronomía popular galega e que nesta romaxe son consumidos por toneladas. Así, as aproximadamente medio centenar de pulperas coce e preparan máis de vinte e cinco mil quilos de polbo; as varias pezas de pan, de empanadas, de ramos de rosquillas e de quilos de melocotóns do país. Por miles hai que contar tamén os litros de viño do Ribeiro que se comercializan e os varios centos de botellas de augardentes e licores.
Pero ademais do atractivo gastronómico é de resaltar o alcance do valor cultural que ofrece a romaxe, podendo vivir e observar, como se sinalou anteriormente, o folclore máis variado e tradicional de Galicia, con toda a riqueza de traxes típicos e de bailes e pezas musicais das diversas zonas de Galicia, tanto das costeiras coma do interior. Mesmo, é de destacar a vivencia das cancións populares entoadas espontaneamente por grupos de amigos e familiares en cada lugar do parque municipal do Carballiño.
Finalmente, o alcance como atractivo turístico da “Festa do Pulpo” vén dado polo marco natural que serve de escenario desta romaxe. Trátase do parque municipal máis extenso e coidado do interior de Galicia, que ofrece todas as posibilidades de esparexemento para gozar plenamente da festa sen sentir as angustias propias dunha romaxe tan multitudinaria. Ás características deste, xa indicadas no anterior capítulo, hai que engadir que se acha rodeado por unha zona residencial moi coidada, na que poderemos considerar fermosos exemplos da arquitectura galega, cuxos piares básicos son o granito, os balcóns de forxa e as galerías, simulando os “pazos”, casas señoriais dos séculos XVII e XIX. A un lado do parque encóntrase o principal dos balnearios do Carballiño, unha construción señorial do século XIX, ou máis concretamente de 1900, rodeada de frondoso arboredo e xardíns, ao que acoden cada verán miles de “agüistas” de toda Galicia e do resto de España, para destacar e curar as súas doenzas. No lado oposto do parte áchase a piscifactoría do Carballiño, un viveiro que repoboa cada ano de troitas e peixes moitos dos ríos galegos.
Pero quedaría inconcluso este capítulo referido ao alcance da festa como atractivo turístico, senón nos fixésemos eco da “familiaridade” coa que se recibe a todos os visitantes, comezando polo respecto que se profesa a todos eles nunha vila eminentemente estival e turística, acostumada a recibir cada ano miles de visitantes. Ademais, a “Festa do Pulpo” posiblemente sexa a única romaxe galega que ofrece ao visitante a posibilidade de adquirir previamente unha tarxeta para acudir ao recinto que instala o Concello e degustar con toda comodidade os produtos que se serven; ou ben, acudir a calquera das instalacións de venda de alimentos, para degustar alí os seus produtos; ou ben adquirilos e sentarse a degustalos en calquera canto do parque. E todo iso, con garantía dos controis de calidade e prezos, establecéndose un prezo máximo para cada un dos produtos, os cales figuran en paneis instalados por todo o parque para información dos visitantes.

festa02

DATA DE CELEBRACIÓN E DESCRICIÓN DOS ACTOS QUE COMPOÑEN A FESTA.

A “Festa do Pulpo” celébrase invariablemente, dende as súas primeiras edicións, no segundo domingo de agosto de cada ano. Esta data coincide co apoxeo turístico de Galicia e do Carballiño que, cos seus dous balnearios de augas termais, atrae cada verán a miles de visitantes, a maior parte dos cales permanecen na vila por un período non inferior a quince días.
Esta data coincide, ademais, coa maior presenza de emigrantes do Carballiño e outras localidades galegas, que se desprazan dende os seus lugares de residencia, tanto en Europa, como en América, para pasar as súas vacacións na súa terra. Isto fai que poden ser acompañados por amigos destes países, o que acontece habitualmente cos residentes en Suíza, Francia e Alemaña, principalmente, e mesmo nalgúns países latinoamericanos, como Arxentina, Venezuela, México, Panamá e Cuba aos que se lles dedicou edicións da “Festa do Pulpo” dos últimos anos.

Nos días anteriores á festa celébranse diferentes actos e actividades relacionados coa festa, destacando o concurso de peñas que reúnen centos de mozos que realizan un concurso de camisetas que proporcionan grande animación e colorido a esta.
A “Festa do Pulpo” é unha romaría gastronómica campestre, polo que se desenvolve no parque municipal do Carballiño, os actos comezan pola mañá, cos pasacalles e desfiles dos gaiteiros e grupos folclóricos que parten do Concello do Carballiño cara ao recinto feiral. A actividade no parque comeza ás dez da mañá, coa chegada dos visitantes e romeiros. Previamente, dende a alba, pulperas, vendedores de produtos alimenticios ou artesanais, taberneiros, ultiman os preparativos para satisfacer a demanda dos varios miles de visitantes que acoden ao recinto e que o fan de forma masiva cara ás doce do mediodía. Moitos destes visitantes, especialmente os das localidades próximas ao Carballiño acoden con empanadas e outros produtos, adquirindo unicamente no recinto o pulpo.
Os grupos de gaitas percorren permanentemente o recinto feiral, satisfacendo a demanda de interpretacións que lles solicitan os romeiros por todo o parque.
A partir do mediodía, recíbense ás autoridades e resto de convidados ao recinto oficial, polas autoridades locais, nunha recepción oficial no concello.
Ás doce da mañá e posteriormente na súa segunda parte ás cinco da tarde, aproximadamente, iníciase o festival folclórico de bailes tradicionais galegos, coa actuación de grupos folclóricos e o concurso de iotas e muiñeiras por parellas e grupos. Esta demostración de folclore galego prolóngase ata as oito da tarde.
A actividade no parque municipal conclúe arredor das dez da noite, cando os romeiros abandonan o parque municipal.