esgl DECLARADA DE INTERÉS TURÍSTICO NACIONAL

NOVEDADES

  • festa_carballino-2017
    Permalink Gallery

    O Carballiño volveu converterse na capital mundial do polbo un ano máis

O Carballiño volveu converterse na capital mundial do polbo un ano máis

Carballiño volveu a converterse, un ano máis, na capital mundial do polbo. Ata alí desprazáronse miles de persoas nun caloroso domingo para gozar dunha das principais citas do calendario de festas gastronómicas de Galicia.
Como cada segundo domingo do mes de agosto, o parque municipal do Carballiño acolleu a Festa do Polbo, celebración de Interese Turístico Nacional.

(más…)

Concurso camisetas Festa do Pulpo 2017

Como cada ano, publicamos as imaxes do concurso de camisetas da Festa do Pulpo.

Tapa de pulpo gigante en O Carballiño 2017

Con máis de meida tonenada de pulpo este ano volvemos facer a tapa do pulpo máis grande do mundo, este ano alcanzoú 5,37 metros de diámetro. A tapa de pulpo cada ano se elabora máis rápido, este ano se fixo en 10 minutos e 56 segundos, para conseguir estes datos foron necesarias máis de 30 persoas que se encargaron de cocer, picalo e servilo.

(más…)

agosto 10th, 2017|ACTIVIDADES|0 Comentarios

A primeira edición do Holi Pulpo

A PRIMEIRA EDICIÓN DE HOLI PULPO CONGREGOU A MÁIS DE MIL DUASCENTAS PERSOAS ENTRE A PRAZA MAIOR E O PARQUE MUNICIPAL

A primeira edición de Holi Pulpo foi todo un éxito. Máis de 1.200 persoas de todas as idades participaron nesta festa de pintura de cores en polvo e música, que se desenvolveu esta tarde entre a Praza Maior e o Parque Municipal, onde proseguiu o festival na pista do kiosko do parque con actuacións de DJs e pintura holi, elaborada con fariña de arroz. A pintura é totalmente ecolóxica, sen que supoña ningún daño para o medio ambiente.

Un dos promotores do evento, Uriel Bernárdez, amósase totalmente satisfeito desta iniciativa, así como o concello, que tamén colabora por considerar que este tipo de festivais atrae á mocidade e dinamiza o ambiente da vila.

O numeroso público que presenciou o comezo da andaina sobre as cinco e media da tarde dende a Praza Maior ao Parque, pasando pola rotonda da Praza do Emigrante e a avenida Xullo R. Soto, dende as terrazas das cafeterías e polas rúas, contemplou o espectáculo de cores absolutamente sorprendido pero tamén maravillado.

A propia organización do evento encargarase de recoller todo o lixo que se xenere na pista do kiosko do parque, para que mañá estea totalmente limpa para unha nova sesión do baile para maiores. Asemade, esta noite quedarán totalmente limpas as rúas e prazas da vila polas que pasaron os participantes nesta festa que, a tenor do poder de convocatoria e do resultado, pode converterse xa nunha das actividades máis orixinais da programación da LV Festa do Pulpo.

(Adxuntamos fotografías por xentileza de Chus Otero e Xhristian Pérez)

 

Presentación Programa e Cartel Festa do Pulpo2017

Durante quince días, do 28 de xullo ao 13 de agosto, O Carballiño ofrecerá un amplo programa de actividades culturais, deportivas e de ocio para dinamizar a LV Festa do Pulpo. O programa foi presentado esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente.
(más…)

Premio Europeo Frigoríficos Arcos

 

O CONCELLO FELICITA Á FAMILIA GONZÁLEZ ATANES POLO PREMIO EUROPEO ACADADO CO PULPO ENVASADO COCIDO AO VAPOR NO SEU XUGO

O PRODUTO “A PULPEIRA” DE FRIGORIFICOS ARCOS RECIBIU DÚAS ESTRELAS DE OURO DO PRESTIXIOSO INSTITUTO “iTQi” EN BRUSELAS

 

O Carballiño, 10 de agosto de 2016.- O concello do Carballiño felicitou hoxe á familia González Atanes polo premio á calidade acadado recentemente en Briselas polo produto comercializado pola empresa da súa propiedade, Frigoríficos Arcos S.L., coa marca “A Pulpeira”.

Nun acto presidido polo alcalde, Francisco Fumega, o concello galardoou á pulpería Frigoríficos Arcos cun recoñecemento pola súa labor na expansión do prato principal da gastronomía carballiñesa, o pulpo. O acto contou coa presenza do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Dacal, así como dos irmáns Daniel e Camilo González Atanes, propietarios de Frigoríficos Arcos e promotores da marca A Pulpeira.

Fumega resaltou o mérito desta empresa, con máis de cincuenta anos de andaina,  e agradeceu o feito de espallar un prato típico alén das fronteiras, levando sempre como escudo o nome do Carballiño. “i+D+i, innovación e calidade, este é o camiño do futuro”, dixo o alcalde, que se amosou orgulloso de que o parque empresarial do Carballiño acolla unha iniciativa de tanta proxección nacional e internacional.

Pola súa parte, Daniel González Atanes, afirmou que o que pretendían era mellorar os estándares de calidade na elaboración do cefalópodo, e tanto el coma seu irmán, Camilo, coinciden en que o recoñecemento de carácter mundial que tivo o seu produto é todo un orgullo, algo que rebotará en beneficio do Carballiño.

Baixo a marca A Pulpeira, “Frigoríficos Arcos” SL logrou dúas estrelas de ouro nos premios do Instituto do Sabor e Calidade (iTQi), con sede en Bruselas. O xurado deste certame está composto polas asociacións […]

agosto 11th, 2016|ACTOS|0 Comentarios

Homenaxe ao chef Manuel Domínguez

O CHEF CARBALLIÑÉS MANUEL DOMÍNGUEZ CARRETE, DISTINGUIDO  COMO EMBAIXADOR DA LIV FESTA DO PULPO E DO CARBALLIÑO EN MADRID.

O concello do Carballiño rendeu hoxe homenaxe a Manuel Domínguez Carrete, chef do restaurante Lúa, e entregoulle unha placa coa distinción de Embaixador da Festa do Pulpo e do Carballiño en Madrid. O acto, que estivo presidido polo alcalde da vila, Francisco Fumega, contou coa presenza do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Dacal, o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira e a concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, así como a nai de Manuel Domínguez, Adela Rosa Carrete e as xefas de cociña e sala do restaurante Lúa, Paula Villanueva e Mari Morales, ademais do propio cociñeiro e empresario restaurador carballiñés Manuel Domínguez.

 

Francisco Fumega resaltou que o traballo de Manuel Domínguez Carrete é “un exemplo para a mocidade carballiñesa como modelo de emprendemento e creatividade”. Do mesmo xeito, agradeceulle o feito de “abrir unha porta que conduce ó progreso e ó éxito”.

 

O restaurante Lúa é unha referencia da nova cociña na capital de España, e  conta cunha Estrela Michelín dende finais do ano pasado. O seu chef e impulsor, Manuel Domínguez, prepara o polbo, prato estrela de Galicia, dos xeitos máis innovadores. O seu traballo supón o prólogo a un salto cualitativo en canto a calidade e servizo no modo de cociñar o cefalópodo.

 

No remate da presentación, Domínguez Carrete agradeceu esta homenaxe e o recoñecemento do concello do Carballiño, así como a confianza que a súa familia depositou nel, con especial mención ó seu pai. Do mesmo xeito referiuse á relevancia do apoio brindado polas súas xefas de cociña e sala, Paula Villanueva e Mari Morales, que, en palabras de Carrete, “cada vez se senten máis […]

Homenaxe a Florindo

A FAMILIA FLORINDO, CUNHA LONGA TRADICIÓN NA PESCA E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS DO MAR, RECIBIRÁ O PREMIO HONORÍFICO DA LIV FESTA DO PULPO

O ACTO DESENVOLVERASE ESTE LUNS NO CONCELLO DO CARBALLIÑO

O Carballiño, 6 de agosto de 2016.- A familia Florindo, cunha longa tradición na pesca e comercialización de productos do mar, especialmente do pulpo, recibirá o Premio Honorífico da LIV Festa do Pulpo.

Nesta homenaxe quérese recoñecer, ademáis, a colaboración prestada por esta familia, propietaria de Frigoríficos Florindo, á Festa do Pulpo así como a outras actividades e eventos que se celebran no Carballiño.

O acto desenvolverase este luns, 8 de agosto, no salón de sesións do concello, e estará presidido polo alcalde, Francisco Fumega.

A tapa de pulpo máis grande do mundo

AS PULPEIRAS E PULPEIROS DO CARBALLIÑO VOLTARÁN A ELABORAR ESTE ANO A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO

SERÁ O MARTES, 9 DE AGOSTO, ÁS 20,00 H., NA PRAZA MAIOR DA VILA

O PRATO AUMENTARÁ 7 CENTÍMETROS, ATA ACADAR UN DIÁMETRO DE 5,37 METROS, E LEVARÁ 750 QUILOS DE PULPO COCIDO, QUE DÁ PARA MÁIS DE 2.000 RACIÓNS

 

O Carballiño, 5 de agosto de 2016.- O Carballiño superará de novo o hito na preparación dunha tapa xigante de pulpo. Será este martes, 9 de agosto, na Praza Maior do Carballiño. Ese día, ás oito da tarde, as pulpeiras e pulpeiros do Carballiño voltarán a elaborar a tapa de pulpo máis grande do mundo.

Nesta edición, o prato de madeira de piñeiro agrandarase un chisco máis. Así, aumentará en 7 centímetros o seu diámetro anterior, acadando os 5,37 metros de diámetro. Nunca se viu un prato de pulpo de tal dimensión en ningunha parte.

Para cubrilo é preciso cocer 750 quilogramos de pulpo e, unha vez rematado o proceso de cocción, cortalo en talladas axeitadas no menor tempo posible e aderezalo con aceite de oliva virxe, sal e pementón. Un labor que realizarán 25 expertos cortadores e cortadoras de pulpo.

Deste prato sairán máis de 2.000 racións que poderán ser degustadas, xunto cun anaco de pan de Cea e unha cunca de viño do Ribeiro, polos numerosos visitantes que se acheguen á vila esa tarde.

A tradición pulpeira do Carballiño, nada no medievo pola influencia do mosteiro de Oseira e o seu priorato de Marín, e que durante séculos foi espallada polas feiras e mercados de Galicia enteira e ainda de máis lonxe, acadará unha vez máis nesta LIV Festa do Pulpo o seu cénit.

Festa do Pulpo do Carballiño 2016

PROGRAMA DE FESTAS 2016
Do 1 ao 14 de agosto
Edición dedicada ás Cidades e Vilas do Eixo Atlántico

Do luns, 1 ao venres, 5
IX SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS
19:00 a 21:00 h.
Actividades e obradoiros

Luns, 1 e martes, 2
RUTA DAS TAPAS ADICADAS AO PULPO
20:00 h.

Mércores, 3
MÚSICA DE SOFÁ:
PORTULEGO QUARTET
Jazz (Galicia – Portugal)
19:15 h. Rúa Rosalía de Castro

BÖJ
Irish & Scotish Folk (Ferrol – Holanda)
20:45 h. Rúa Aldara

Xoves, 4
MÚSICA DE SOFÁ:
GROOVY KILLERS
Hammond Groove (Ourense)
19:00 h. Rúa Curros Enríquez

ELEPHANTS YARD LIVE DUB
Reggae-Dub (Vigo)
20:45 h. Praza Aquilino Sánchez (detrás Concello)

TRANSILVANIANS
Rocksteady-Ska (Vigo – A Coruña)
23:30 h. Praza Maior

Venres, 5
CONCERTO: CORIBANTES
20:00 h. Praza da Veracruz
Música popular de banda e pandereteiras

Sábado, 6
FESTIVAL DE HABANERAS
20:30 h. Auditorio Municipal

II CONCENTRACIÓN MOTERA
12:00 h. Rúa Aldara e Praza Maior

CONCERTO: RENEGADOS + 33 RPM
23:30 h. Praza Maior
Música dos 60 e 70

Domingo, 7
VI ANDAINA SOLIDARIA DO PULPO
09:00 h. dorsales (Zona Pote)
09:30 Saída da explanada do Parque

GALLAECIA BIG BAND
20:45 h. Praza Maior
Orquestra espectáculo de época. Mambos. Boleros.

Luns, 8
SEMANA INFANTIL NOS BARRIOS
19:00 – 21:00h. Balneario

PREMIO HONORÍFICO FESTA DO PULPO 2016
12:00 h. Salón de sesións do Concello

CANTARES DA EMIGRACIÓN
20:00 h. pasarúas polo Carballiño
Animación musical de Centroamérica

Martes, 9
SEMANA INFANTIL NOS BARRIOS
11:00 – 13:00h. Catro Camiños
A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO
20:00 h. Praza Maior

Mércores, 10
SEMANA INFANTIL NOS BARRIOS
11:00 – 13:00h. Praza do Curral

CONCERTO:
THE HENDERSON
23:00 h. Praza Maior
Tributo The Beatles

EXHIBICIÓN PATINAXE ARTÍSTICA CLUBE FÉNIX
19:00 h. Auditorio Praza da Veracruz

Xoves, 11
SEMANA INFANTIL NOS BARRIOS
11:00 – 13:00 h. Praza Irmáns Prieto

FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE
22:30 h. Praza Maior

EXHIBICIÓN PATINAXE ARTÍSTICA CLUBE AHEDE
19:30 h. Auditorio Praza da Veracruz

Venres, 12
SEMANA INFANTIL NOS BARRIOS
11:00 – 13:00 h. Praza da Veracruz

CONCERTO: TRIBUTO ABBA
23:00 h. Praza Maior
Banda irlandesa de tributo ao mítico grupo sueco ABBA

Sábado, 13
FESTA DAS CAMISETAS DAS PEÑAS
18:00 h. Praza Maior

DISCO DJ
18:00 h. Praza Maior

Domingo, 14
ANIMACIÓN E CHARANGAS polas rúas do […]